- Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame.
- Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade coma para xullo.
- Os traballos grupais tutelados realízanse ao
longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período lectivo. - Os alumnos a tempo parcial deberán
comunicarllo ós profesores. Nestes casos, os profesores valorarán a adaptación dos criterios de avaliación. - Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta no exame).
- Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
- Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
- Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame ou traballo mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.
|