Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B11 B3 B4 B5 C1 C3 C7 O alumno fará unha exposición pública oral ante o tribunal que avalía os traballos fin de grao no que exporá a metodoloxía empregada e a resolución da tarefa proposta 50
Traballos tutelados A2 A3 A4 A10 B9 B7 C4 C8 Calidad del trabajo presentado 50
 
Observacións avaliación

Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación da guía docente e o disposto na memoria de verificación do título. Os criterios faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. Nas derradeiras convocatorias o Tribunal está aplicando o seguinte criterio respecto a presentación oral: otorga ata un 20% a exposición do TFG e otorga ata un 30% ao turno de preguntas e respostas.

A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003[1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:

a)   0-4,9 suspenso

b)   5,0-6,9 aprobado

c)   7,0-8,9 notable

d)   9,0-10 sobresaliente

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC