Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural. Dará lugar a un informe oral por parte do estudante que será debatido na aula, sempre en relación cos contidos da asignatura. 10
Seminario A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C6 C8 C9 Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
30
Proba oral A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
Sesión maxistral A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. 10

Observacións avaliación

Por
esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son
orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.
O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante
realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a
materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que,
como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na
proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por
asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das
actividades realizadas no curso.

2.
O 40% obterase pola realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso.

3.
O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada
estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución,
a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e
traballo en grupo.

4.
A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha
avaliación semellante, mediante unha proba oral que reflicta as actividades
desenvolvidas no curso, xunto ao control de asistencia e de participación.

5.
É ineludible a realización da proba oral para obter cualificación, tamén no
caso de xullo. En canto ás actividades, a súa avaliación positiva será gardada
para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade, en xullo. Como se
deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder
computar as actividades prácticas.

6.
Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica
recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa
certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a
matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as
actividades alternativas que se determinen.

7. O
alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto,
recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas
a esta proba.