Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A3 A6 A9 B4 C6 C2 Será valorado o proceso de realización do traballo titorizado e o seu resultado final presentado por escrito ou oralmente. 60
Seminario A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 Será valorado a través da entrega por escrito das conclusións dos seminarios. 15
Lecturas A5 A6 A7 B5 C4 C9 Será valorada a realización das lecturas a través do acompañamento e participación nas sesións presenciais. 25
 
Observacións avaliación

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo titorizado (75%).
2. Lecturas (25%). 

As datas e condicións específicas estableceranse de acordo coa profesora antes do inicio do período de aulas. Para calquera dúbida, poden pórse en contacto con ela en horario de titorías ou a través dunha mensaxe remitida a t.lopez@udc.gal.