Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 3 | Código | 613G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Primeira toma de contacto coa materia, onde as actividades teñen como fin a obtención de información achega do nivel de competencia do alumnado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades. |
Sesión maxistral | Modo de clase maxistral, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos dos alumnos da lingua inglesa e os temas aprendidos. |
Discusión dirixida | Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento dos profesores, onde se pon en práctica as habilidades dos alumnos, e onde poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos. |
Proba oral | Unha proba onde se avalía a competencia comunicativa, dentro do contexto dunha entrevista individual ou de parellas, cun ou ambos os profesores. |
Seminario | Son sesións prácticas onde se desenvolven as catro habilidades básicas en relación co programa, ou outros temas que xurdan. |
Proba obxectiva | Exame escrito. Isto permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas: composicións, preguntas de resposta múltiple, completar frases, transformacións e outros exercicios. Inclúe unha proba de audición. Basearase case exclusivamente nos materiais utilizados ao longo do curso. |
Presentación oral | Unha presentación diante dos demais alumnos na clase de tamaño medio (DI). Debe tratarse dun tema controvertido elixido polo propio alumno. O alumno debería chegar a algún tipo de conclusión despois de considerar e explicar os puntos principais. Deberían usar PowerPoint ou similar como apoio dos seus argumentos. |
Portafolios do alumno | Os alumnos deberían gardar e ordenar os materiais que son o resultado das clases, e outros materiais, cos seus propios comentarios e as notas asignadas, para facer un seguimento dos seus progresos. Isto inclúe as composicións coas notas, comentarios e correccións do profesor. Tamén inclúe calquera tipo de investigación ou traballo levado a cabo polo alumno. |