Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Lecturas Conxunto de documentos bibliográficos escollidos ben como introducción xeral a un tema, ben como instrumento de aplicación á análise lingüística dos textos propostos do español. Farase unha análise das lecturas en discusión dirixida.
Mapa conceptual Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos clave duns contidos. É a representación de relacións entre conceptos, polo tanto, está constituído por conceptos e palabras de enlace formando frases. Preséntase nun orden que depende das relaciones e que vai do máis importante e xeral aos exemplos e detalles.
Se o alumno o prefire, poderá realizar un esquema, en vez do mapa conceptual.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc). Grazas a esta metodoloxía, o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesor durante as aulas.

Solución de problemas Análise e comentario sincrónicos de textos españois, a partir dos coñecementos adquiridos. Farase tanto individualmente como por grupos, e tanto en horas presenciais como non presenciais, segundo indique a docente.
Presentación oral O alumno fará unha ou dúas presentacións orais, baseadas nas lecturas realizadas e/ou na análise e comentario sincrónicos dun texto español. Axustarase o número das presentacións orais en función dos alumnos matriculados e da marcha do curso.
Proba práctica Proba escrita na que se busca que o alumno analice e comente sincrónicamente un texto español, polo tanto, que poña en práctica os conceptos e procedimentos adquiridos. Os textos que se ofrecerán serán semellantes en nivel de dificultade aos das prácticas realizadas ao longo do curso.