Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Cultura Clásica | Código | 613G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Unha vez rematado o período de clases, os estudantes farán un exercicio sobre as cuestións desenvolvidas na totalidade do temario. A proba terá fundamentalmente carácter práctico e estará orientada a comprobar o grado de coñecemento e de dominio da materia polo alumno. |
Análise de fontes documentais | Exercicios de lectura, comprensión, análise e comentario lingüístico e de contido de textos latinos, poñéndoos en relación, cando sexa oportuno, coas linguas modernas, así como coa cultura e a civilización actuales. |
Sesión maxistral | Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital. |
Lecturas | Lectura por conta do estudante de material específico relativo á cultura clásica e á súa pervivencia seguindo as instrucións proporcionadas polo profesor. O alumno terá que explicar na aula, en exposición pública, algún aspecto do texto ou do tema que lle fose asignado previamente polo profesor. |