Lecturas |
O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias pois, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ter lído os textos correspondentes.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
|
Presentación oral |
Presentación oral individual (15-25 minutos) dunha obra incluída nos contidos da materia, seleccionada entre a profesora e cada estudante no inicio do curso.
Previamente o/a alumno/a terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Sesión maxistral |
Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |