Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico (desenvolvemento de temas ou comentarios) e de análise de fontes, destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado nas sesións presencias, así como a asimilación crítica das lecturas propostas.
Proba oral Exposición oral individual, na aula, en que cada alumno/a exporá a análise e comentario dunha encenación ou dramaturxia contemporánea.
Obradoiro Sesións de traballo na sala de aulas en que, coa guía do docente, os estudantes realizarán comentarios de encenacións e dramaturxias de textos representativos das últimas décadas dos teatros galego, portugués e brasileiro.
Para alén do traballo na sala de aulas, o alumnado deberá realizar unha serie de visionados e lecturas complementares, así como preparar unha análise individual dunha dramaturxia ou encenación que será presentado oralmente.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.