Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 Resolución de problemas da materia coa axuda de Octave 30
Seminario A1 B3 Resolución de traballos e/ou exercicios teórico-prácticos da materia e as súas aplicacións. 10
Proba mixta A1 B3 Examen teórico-práctico da materia 60
 
Observacións avaliación

Na primera oportunidade, a avaliación da materia consta de dúas partes:
1.- A primeira parte consiste na realización dun exame teórico-práctico da materia (nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade) que puntuará cun máximo de seis puntos.
2.- A segunda parte corresponde aos seminarios (TGR) e ás prácticas de laboratorio co uso do ordenador, aos que se lles asignarán un e tres puntos respectivamente. A cualificación á que se refire este apartado, obterase mediante a realización de exercicios, traballos, e/ou exames realizados ao longo do cuadrimestre ou ao final do mesmo.

Na segunda oportunidade de xullo o proceso de aviación incluirá unha proba mixta que puntuará un máximo de sete puntos. A esta cualificación engadiráselle a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio.

A avaliación dos TGR e das prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posibe, as súas circunstancias particulares.

Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta que puntuará un máximo de sete puntos,
b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de tres puntos.