Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 Nas sesións de laboratorio proponse o desenvolvemento dunas prácticas. Ao final dalguhas sesións valórase o correcto funcionamento da práctica, a estructuración do código e a comprensión dos conceptos traballados. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial teñen exención de asistencia coa posibilidade de presentar as prácticas co horario que teñan estipulado que deben asistir ao centro. 40
Proba obxectiva A32 A34 Corresponde a coñecementos impartidos nas sesións magistrales. 40
Traballos tutelados A35 B1 C6 C8 Valórase a correcta resolución dos problemas propostos. 20
 
Observacións avaliación

O 40% da cualificación corresponde á proba obxectiva final, o 40% a probas relacionadas coas prácticas de laboratorio e o 20% restante a probas relacionadas coa solución dun traballo.

Na segunda oportunidade permitirase recuperar o 100% da cualificación, incluíndo as probas anteriormente mencionadas.

Considerarase como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva.

Os alumnos que cursen a asignatura a tempo parcial realizarán as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo. Asegurarase que os seus horarios de clase e os horarios das probas a realizar sexan compatibles co horario que teñan estipulado que deben asistir ao centro.