Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B3 O estudante desenvolverá un tema, consultando bibliografía e resolvendo un problema concreto. 10
Prácticas de laboratorio A1 B3 Prácticas desenvolvidas polo alumno que consisten na resolución mediante computador de problemas relacionados coa materia e que teñen certa compoñente aplicada 30
Proba mixta A1 B3 Exame de problemas relacionados cos contidos da materia 60
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia, o estudante deberá obter polo menos unha cualificación de 4 na proba escrita.

En caso de non avaliarse os traballos tutelados, as prácticas de laboratorio terán un peso do 40%.

No caso de actividades presenciais, facilitarase a súa realización aos estudantes matriculados a tempo parcial.