Metodoloxías Descrición
Obradoiro Coa axuda dos medios informáticos pertinentes, vanse expor, analizar e debatir os principais métodos de mostraxe e probas de decisión estatística, e vanse facer estudos de casos de interese na investigación social e na análise de mercados.
Solución de problemas Os grupos de traballo chegarán a resolver problemas concretos, a partir dos coñecementos revisados previamente. Exporanse distintos tipos de problemas relacionados coa aplicación da mostraxe e coa utilización das probas de decisión estatística.
Proba mixta O alumno deberá demostrar o seu dominio dos aspectos teóricos da materia e a súa capacidade para a resolución de problema relacionados co deseño mostral e a utilización de probas de decisión estatística.