A avaliación será de tipo totalmente práctico. Durante a realización da proba, os alumnos poderán consultar libros e apuntes persoais, se o estiman convinte. A nota final da materia será a media aritmética das calificacións obtidas pra cada unha das catro técnicas recollidas no temario. Así pois, todas elas terán a mesma ponderación (25%) na nota final. - Para a segunda oportunidade, os criterios e actividades de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade.
Para os alumnos que conten con recoñecimento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, os criterios e actividades de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.
|