Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Economía política | Código | 615G01104 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A6 B3 B4 | Estas probas representarán o 80% da nota final. Realizaranse nas convocatorias oficiais segundo o calendario fixado pola Facultade. En función da evolución do curso poderá realizarse un exame pre-final, previo ás probas obxectivas que poderá ter carácter liberatorio. Os profesores encargados da materia determinarán o tipo de material e recursos que poderán utilizarse nos exames, quedando terminantemente prohibido o uso de dispositivos e teléfonos móbiles. Se se permitise o uso de calculadoras, cada alumno deberá vir provisto da súa, para o seu uso individual e exclusivo. Unha vez comezadas as probas obxectivas, quedará prohibido o acceso a éstas aos alumnos que accedan máis tarde da hora fixada para o comezo dos exames. |
80 |
Solución de problemas | B4 | Estes traballos representarán o 20% da nota final e a cualificación obtida nos mesmos, desenvolvidos ao longo do curso, manterase para a oportunidade de Xullo. Valoraranse os supostos prácticos e a resolución de problemas realizados polo alumno. O prazo e o modo de entrega serán de obligado cumprimiento. Non se admitirán excepcións. | 20 |
Observacións avaliación | |||
De acordo co establecido no Artigo 4.5 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da UDC (aprobada polo Consello de Goberno o 29 de maio de 2012), non se admite a dispensa de asistencia a clase nesta materia.
As actividades de docencia presencial do curso abranguerán clases teóricas e clases prácticas. |