Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en definir e elaborar cada un das partes do traballo a entregar para a avaliación da materia. Manexaranse tanto técnicas cuantitativas como cualitativas. O obxectivo é elaborar un informe final con resultados empíricos de elaboración primaria.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo que conteña as partes dunha investigación social aplicada. O traballo entregarase en papel e exporase oralmente na aula.