Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A8 A9 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 Traballo en grupo no que se valora tanto o resultado como o proceso.
A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.
A asistencia ás clases relativas a esta actividade é obrigatoria, e terase en conta para a cualificación de cada alumno.
A participación neste traballo é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
30
Proba mixta B1 B2 B3 B4 B6 C2 Exame final. O contido da bibliografía básica é potencial materia deste exame.
É necesario aprobar este exame para que a súa cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se este exame non se aproba, a materia resulta automaticamente suspensa
50
Lecturas A6 A9 A10 B3 B6 B7 B9 C2 C4 Proba para a avaliación do libro de lectura obrigatoria.
A presentación a esta proba é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.

Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle),
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.