Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Ambientación sonora e musical | Código | 616G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 | No marco das sesións maxistrais desenvolveranse actividades e exercicios prácticos orientados á consolidación dos contidos teóricos. Estas prácticas teñen un valor global de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e a calidade das mesmas). Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos. Para a avaliación destas actividades e exercicios o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos). |
10 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 | O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio. Ten unha valoración máxima de 3 puntos. No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos. ENTREGA: VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2017 Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos. Para a avaliación do traballo de investigación o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos). |
30 |
Obradoiro | A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 | As prácticas grupales teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas). Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos. Para a avaliación das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos). |
10 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 | De realización grupal e entrega en soporte CD. Conta cunha valoración máxima de 4 puntos (1,5+3,5) distribuídos da seguinte maneira: · até 1,5 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A) ENTREGA: 24 DE FEBREIRO 2017. · até 3,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B) ENTREGA.INDICARASE EN CADA UN DOS GRUPOS. Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos. Para a avaliación dos traballos tutelados o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos) . |
50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO o/a estudante deberá:
· Asistir como mínimo ao 80% das horas lectivas da materia (permitiríase un máximo de dúas faltas). Estas horas inclúen a asistencia ás clases teórico-expositivas así como ás prácticas correspondentes en función do grupo mediano asignado. · Obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo, ou nun formato diferente ao indicado. Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte ou na súa totalidade será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá aprobar o exame na data oficial(cun mínimo de 5 puntos). Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro de Chion, M.(1993). "LA AUDIOVISION: INTRODUCCION A UN ANALISIS CONJUNTO DE LA IMAGEN Y EL SONIDO" Barcelona: Paidós Ibérica. Este examen constituirá o 100% da nota final. Para aprobar a materia aqueles/as estudantes que na avaliación continua superen o número de faltas permitido (2 faltas) ou que na nota final queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse e aprobar a proba teórica na convocatoria oficial de xullo. En calquera caso dito exame constituirá o 100% da nota final. |