Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2016/17
Subject (*) Revisión sistemática e metaanálise Code 620517007
Study programme
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatoria 3
Language
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
E-mail
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Lecturers
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Iglesias Soler, Eliseo
E-mail
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Web
General description Calquera profesional, científico ou non, necesita estar actualizado no seu ámbito de coñecemento para poder tomar as mellores decisións fundamentadas na evidencia científica. A cantidade de información científica que se publica é inxente e é pouco probable que todos dispoñan do tempo, as habilidades e os recursos necesarios para identificar, avaliar e interpretar esta evidencia e incorporala ás súas decisións. As revisións sistemáticas teñen como obxectivo reunir toda a evidencia empírica que cumpre uns criterios previamente establecidos, co fin de responder a unha pregunta específica de investigación. Utiliza métodos sistemáticos e explícitos, que se seleccionan co fin de minimizar os sesgos, achegando así resultados máis fiables a partir dos cales se poidan extraer conclusións e tomar decisións. Moitas das revisións sistemáticas conteñen metanálises. A metanálise consiste na aplicación de métodos estatísticos para reunir e resumir os resultados de estudos independentes. Ao combinar a información de todos os estudos relevantes, a metanálise pode obter estimacións máis precisas dos efectos dunha intervención, permite investigar a consistencia da evidencia entre estudos e explorar as diferenzas entre eles. Ao concluír esta materia, que pretende ser eminentemente práctica, cada alumno ou alumna debe ser capaz de: 1) Identificar cando un estudo se corresponde a unha revisión sistemática e/ou a unha metaanálise, avaliar a súa calidade e interpretar os seus resultados. 2) Elaborar, a nivel básico, unha revisión sistemática e facer unha metaanálise.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.