Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Aqueles nos que o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder, aplicar e experimentar os conceptos, técnicas e coñecementos teóricos.

Os traballos formúlanse cunha dedicación de traballo persoal. Nuns casos tratásese de traballos a realizar individualmente e noutros en grupo se o número de matriculados o permite.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos do territorio e de arquitecturas do patrimonio construído de escala, dimensións e características adecuados, co obxecto de que o alumno vaia aplicando os conceptos e técnicas da topografía.
Prácticas a través de TIC Trátase de prácticas gráficas a desenvolver de modo autónomo, nas que se utilizarán aplicacións informáticas de debuxo asistido por ordenador (CAD) relacionadas coa topografía, a arquitectura e o urbanismo. Serán a base para a súa posterior utilización nos traballos tutelados.