Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Cimentacións | Código | 630G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Quinto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A2 | Asistencia | 60 |
Traballos tutelados | B2 B3 B4 B5 B7 | Valoración del trabajo desarrollado | 40 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación, como sistema de recolleita de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia injustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Ademais nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos e a terminología empregada. O sistema de avaliación continua configúrase con probas obxetivas, que se realizarán durante o curso, e un traballo tutelado que será desenvolvido ao longo do cuadrimestre e cuxo seguimiento esixirá entregas parciais. As probas obxetivas representan o 60% da cualificación global e o 40% restante corresponde á cualificación do traballo tutelado. Para poder realizar as probas obxetivas intermedias será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 80%. E para poder superar a materia por curso hai que obter unha cualificación mínima, tendo en conta tanto as probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10, esixíndose así mesmo unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado. Os alumnos que non superen a materia por curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos casos conservarase a nota do traballo tutelado. Para a segunda oportunidade non se contempla a posibilidade de mellora dos traballos presentados debido á imposibilidad de garantir a autoría do alumno. Polo tanto, o alumno que non entregue este traballo non poderá computar este apartado. |