Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Os traballos tutelados (ver descrición abaixo) e as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas
Lecturas Lecturas obrigatorias que se len fora da aula e que se poden clarificar durante as clases expositivas, e lecturas adicionais que apoian a información presentada nas clases expositivas e que forman a base bibliográfica para os traballos.
Sesión maxistral Exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da materia como noutras que complementan e enriquecen as básicas
Proba mixta Exame final enfocado nos apuntes das clases expositivas, nas actividades nas clases interactivas, e nas lecturas obrigatórias
Traballos tutelados Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita e de forma dunha presentación oral. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo.