Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B5 B6 B18 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a asistencia, o interese, o razoamento, a actitude positiva... A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da calificación indicada. 10
Presentación oral A33 A36 B17 C1 Valorarase a exposición oral realizada con axuda das TIC da proposta didáctica e/ou traballos titelados elaborados. Ademais, tamén se valorará a claridade na exposición, linguaxe correcta, dominio da materia… A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 10
Proba mixta A15 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita sobre o marco teórico da asignatura. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 40
Traballos tutelados A18 A32 A39 A40 A41 B2 B5 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B25 C3 C4 C6 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 40
 
Observacións avaliación

NORMAS XERAIS DA AVALIACIÓN

Sesións interactivas e actividades prácticas de
campo/laboratorio: a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Se
globalmente a asistencia é inferior ao 90% a cualificación neste apartado será
0. Corresponde ao 10% da nota final.A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada.

Traballos tutelados. Serán avaliados os traballos presentados nas
datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a media ponderada,
no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles.Corresponde ao 50% da nota final. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada.

Proba escrita individual dos resultados da
aprendizaxe. Corresponde ao 40% da nota final. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada.

A profesora, en función da ratio, perfil do alumnado e outras circunstancias que considere, poderá decidir a posibilidade de non realizar a proba escrita. Nese caso a ponderación será a seguinte:

-Asistencia ao90% das sesións expositivas e interactivas (2 puntos).

-Realización de seis traballos tutelados (6 puntos)

-Presentación da proposta didáctica (2 puntos).

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de
dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

1.       Deberá poñelo
en coñecemento do docente na primeira semana de clase.

2.       Terá dereito
preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes
nas sesións interactivas.

3.       O resto da
avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de
avaliación" desta guía docente.

Alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles
exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):

1.       Deberá poñelo
en coñecemento do docente na primeira semana de clase.

2.       A cualificación
final  será o resultado das cualificacións
obtidas nos seguintes apartados:

-Os traballos tutelados, baixo a supervisión do profesor nas titorías que se consideren oportunas (50% da nota).

- A proba mixta (exame) sobre o marco teórico da asignatura (50% da nota).

A realización deste dous aspectos (traballos e exame) é obrigatoria e para superalos cómpre acadar o 50% da calificación indicada en cada un.

 NOTA: a avaliación para a segunda oportunidade (xullo) será exactamente a mesma na que aparece nas indicacións
"Alumnado con recoñecemento 
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica" (traballos tutelados 50% e proba escrita 50%)