Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2016/17
Subject (*) Practicum II Code 652G01035
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatoria 36
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I
Department Composición
Didácticas Específicas
Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinador
Suarez Brandariz, Roberto
E-mail
r.sbrandariz@udc.es
Lecturers
E-mail
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
General description CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 36 créditos da materia (900 horas), o 48,8% son de carácter presencial (440 horas) e o 51,1% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (460 horas). Das 440 horas de carácter presencial, 420 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma a titorías na Facultade. O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.