Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada á que se refire esta metodoloxía concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado da materia. Irase concretando a medida que se realiza o traballo, en función das necesidades detectadas.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/05/2012). Este alumando desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen no Paso 4 e na “Atención personalizada” descrita para os “Traballos tutelados”, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación relativas á flexibilidade de asistencia-participación e aos requisitos para superar a materia.