Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Consistirá na solución de calquera tipo de dúbidas a respecto da marcha do programa do curso, é dicir, sobre do temario e da actividade académica obrigatoria, así como sobre dos referidos posíbeis traballos que se poidan propor aos alumnos e alumnas. As dúbidas solucionaranse tanto nas aulas como durante o horario de atendimentos, non servindo o correo electrónico para solventar ningún tipo de dúbidas. Como xa sinalei, ben para o alumnado matriculado a tempo total ben para o que o faga a tempo parcial, tanto a realización da proba escrita final como a do traballo academicamente dirixido e a súa exposición pública serán aspectos necesarios para a superación da cadeira; e no caso dos alumnos e das alumnas matriculadas a tempo parcial non estarán eximidos ou eximidas da súa asistencia aular. Por outra parte, dado que a asistencia ás aulas é prescritiva, como se recolle na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña" (aprobada o 29/05/2012), no seu art. 4, apartado 5 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/rexime_dedicacion_estudo.pdf), non se contempla nesta guía docente a admisión da dispensa académica, isto é, non se poderá avaliar o alumnado que non asista nunca ás aulas