Actividades iniciais |
Antes de iniciar os temas do programa se desenvolverán actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia. |
Lecturas |
Proporcionarase unha listaxe de lecturas complementarias ás explicacións teóricas dos contidos científicos e didácticos, uns con carácter obrigatorio e outros voluntario. |
Saídas de campo |
Realizaranse saídas para o coñecemento do medio en relación cos temas traballados na aula. |
Proba mixta |
Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.
Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.
|