As persoas que non acudan a un mínimo dun 80% das sesións de clase, de querer superar a materia deberán:
a. Ler comprensivamente o dossier do alumnado
b. Realizar e aprobar un exame final escrito
c. Analizar unha experiencia de animación ou xestión sociocultural ou un traballo que acorden mutuamente co profesor.
Todos os traballo e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será moi tida en conta polo profesor.