Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
Estudo de casos A actividade de estudo de caso consiste na resolución de retos relacionados coa actividade de simulación e formulados para cada tema.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento das profesoras. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.