Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2016/17
Subject (*) Practicum I Code 652G04028
Study programme
Grao en Logopedia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatoria 9
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 100 créditos
Department Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Medicina
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinador
Duran Bouza, Montserrat
E-mail
montserrat.duran.bouza@udc.es
Lecturers
E-mail
Web
General description CORREO-E: practicum.educacion@udc.es REQUISITOS DE MATRÍCULA E CRÉDITOS Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 100 créditos. Presencialidade obrigatoria nas Aulas clínicas da Facultade Consta de 9 créditos ECTS: 63 horas de carácter presencial e 162 horas de traballo autónomo. TEMPORALIZACIÓN: Cursase durante o segundo cuatrimestre Cada estudante acude cinco semanas, cun total de 12 días de prácticas. A asignación aos grupos de prácticas faráse por orden alfabético Total de Horas Presenciales 63, repartidas de la siguiente forma: Horas con usuarios: 35 Seminarios: 20 Preparación del practicum y tutorización: 8 DESCRICIÓN: No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudio acorde cos requirimentos do novo Espacio Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais; senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación, situando a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta para a organización do curriculum, onde a reflexión sobre a experiencia converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI. O marco conceptual ven dado polos obxectivos xerais para o Grao de Logopedia , fixados pola Orden Ministerial CIN/726/2009, que establece que as competencias propias da logopedia non poden ser desempeñadas por ningún outro profesional ou disciplina.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.