Sesión maxistral |
Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos alumnos, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte da profesora.
|
Traballos tutelados |
Traballo de aprendizaxe independente dos alumnos orientado á aplicación dos conceptos e as técnicas da materia, contando sempre coa atención personalizada e o seguimento da profesora. Elaborarase segundo as pautas formais e de contido proporcionadas.
Os alumnos presentarán verbalmente o traballo tutelado. A exposición farase segundo as pautas formais e de contido proporcionadas e os alumnos responderán as preguntas expostas pola profesora. |