Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Ampliación de hidrostática e hidrodinámica | Código | 730496020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación e desenvolvemento dos temas teóricos e prácticos citados no apartado de contidos |
Proba obxectiva | Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes: 1.- Hidrostática 2.- Hidrodinámica Cada unha de estas partes se dividirá a súa vez en Teoría e Práctica. |
Solución de problemas | Ao longo do curso serán propostos unha serie de problemas a resolver de modo individual, relacionados coas dúas partes da asignatura (Hidrostática e Hidrodinámica). Todos estes problemas serán obrigatorios, e será imprescindible a súa realización para superar esta materia. |
Prácticas de laboratorio | Ao longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, que serán de obrigada asistencia, e tralas cales será necesario entregar unha memoria, na que se abordará un problema relacionado con ditas prácticas. A realización e entrega en prazo desta memoria, cuxo obxectivo, extensión e datas de entrega publicaranse na web (Moodle) da asignatura e faranse públicas nas clases presenciais, é tamén obrigatoria para superar a asignatura. |
Traballos tutelados | Ao longo do curso será proposto un traballo tutelado, de caracter individual ou en grupo relacionado con algunha das partes en que se divide a asignatura. Este será de caracter obrigatorio, e será imprescindible a realización e presentación pública do mesmo para superar esta materia. A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa. Os detalles das datas/prazos dos traballos, así como o seu contido e o seu caracter individual ou en grupo, publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais. |