Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Farase unha avaliación dos coñecementos teóricos e prácticos da materia de forma escrita
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma
Traballos tutelados Realizarase un proxecto relacionado coa materia durante o curso
Proba oral Farase unha avaliación dos coñecementos teóricos e prácticos da materia de forma oral
Presentación oral Presentación oral do traballo tutelado
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos da materia