Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

O profesor indicará os puntos mais relevantes do tema a efectos de orientación no coñecemento
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos prácticos tutelados durante o curso que terán que expoñer en clase para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para o desenvolvemento da profesión

Nos traballos terase en conta:
- Estrutura
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unha simulación práctica do proceso de construción dun buque, centrándose nos principais procesos de fabricación e montaxe
Proba obxectiva Proba escrita presencial na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso.
Sendo obrigatorio o superar a "proba obxectiva de avaliación" para aprobar a materia, cun mínimo de 3,5 puntos sobre 7
Saídas de campo Outras actividades complementarias: Visita a estaleiros, talleres e instalacións