Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións para introducir aos alumnos nos temas novos de cada bloque temático, esclarecer conceitos e sobre todo para significar o contido do bloque en relación ao aprendido na asignatura comunitaria I.
Aprendizaxe colaborativa Resolución de problemas ou desenvolvemento de tarefas de xeito colaborativo, non só sumando talento individual, senón aprendendo a construir un grupo con capacidade para resolver problemas e respostar creativamente aos novos escenarios sociais que poidan atopar.
Lecturas Lectura de literatura científica recente, ou de documentos de traballo que poden ser de interese para a actualización do alumno ou para a mellora das competencias esperadas, pero que non se atopan fácilmente nos libros de referencia sobre a materia.
Estudo de casos Proposta de resolución de casos ficticios ou anónimos para familiarizar ao alumnado coa aplicación e a utilidade real do que está aprendendo.
Proba mixta Proba escrita con diferentes tipos de preguntas