Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Enfermaría | Código | 750G01107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A23 A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 | Proba escrita sobre os contidos do programa onde o alumno deberá responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento. Os contidos a avaliar nesta proba serán: UNIDADE- COIDADOS BÁSICOS EN ENFERMARÍA: TEMA 7. NUTRICION E HIDRATACION TEMA 8. ELIMINACION URINARIA TEMA 9. ELIMINACION FECAL TEMA 10. RESPIRACION E CIRCULACION TEMA 11. MOVERSE E ADOPTAR UNHA BOA POSTURA UNIDADE- METODOLOXÍA CIENTÍFICA E A SÚA APLICACIÓN EN ENFERMARÍA. O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA |
30 |
Traballos tutelados | A21 B1 B3 B5 B8 B11 B12 B16 B19 B20 B21 B22 C3 C7 C8 C11 | Entrega e defensa dun traballo de carácter obrigatorio sobre os contidos de "Historia da Enfermaría" Os contidos a avaliar nesta proba serán: UNIDADE- HISTORIA DE ENFERMARÍA TEMA 1. AS PRÁCTICAS DO COIDADO DENDE A ANTIGÜIDADE ATA A ACTUALIDADE |
20 |
Estudo de casos | A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B21 B22 B24 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 | Proba escrita onde o alumno deberá resolver un caso onde se lle expoñerá un problema de saúde-enfermidade hipotético utilizando para iso o proceso de atención de enfermaría. | 20 |
Proba oral | A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 | Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas abertas, de certa amplitude, onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. Implica un estudo amplo e afondo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Os contidos a avaliar nesta proba serán: UNIDADE- HISTORIA DE ENFERMARÍA: TEMA 2. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DA ENFERMARÍA EN ESPAÑA UNIDADE - ENFERMERIA PROFESIONAL. MODELOS E TEORIAS DE ENFERMERIA UNIDADE- COIDADOS BÁSICOS EN ENFERMARÍA: TEMA 1.SEGURIDAD E ÁMBITO SEGURO TEMA 2. COMUNICACION TEMA 3. ESPIRITUALIDADE E CRENZAS TEMA 4. PERDIDA E DUELO TEMA 5. HIXIENE E PROTECCION DA PEL TEMA 6. DESCANSO E SONO |
30 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade. Levarase a cabo unha avaliación continua onde a aplicación das porcentaxes correspondentes se realizará sempre e cando o alumno teña todas as probas (Estudo de Casos, Traballos Tutelados, Proba Oral e Proba de ensayo/desarrollo) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente unha ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superado algunha das avaliacións, figurará cun 4,8 en acta. O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO. As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final. MATRÍCULA PARCIAL: Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade. MATRÍCULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de Honra aqueles alumnos cuxa media supere o 9,5. Os profesores da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente da materia. |