A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe
de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante
no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:
a) Prepare,
individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostas polo
profesorado da materia para a súa discusión na aula. Valórase,
tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación
previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte
ao dos seus compañeiros. Por esta vía o estudante pode compensar con ata 1
punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba
de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación
(6 puntos).
b) Semanalmente
realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia.
Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio
da cada sesión destinada a discutir os casos prácticos, o docente presentará aos estudantes un
pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada
estudante deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes
exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos
aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. A valoración destes exercicios suporá
o 40% de cualificación final.
c)
Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do profesorado da materia, un caso
práctico para ser presentado na aula na data marcada polo
profesorado da materia. Valorarase a dificultade do caso práctico elixido, o
rigor na súa resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración
deste caso práctico representará o 10% da cualificación final.
Avaliación da oportunidade
de xullo.
Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na
avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.
Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas
as competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba
mixta representará o 100% da cualificación na acta.