Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
Proba de resposta múltiple A6 Exame parcial de tipo test (10 preguntas) 20
Prácticas a través de TIC B6 C3 Exame de tipo test (5 preguntas) que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
 
Observacións avaliación

A proba de resposta múltiple (exame parcial) realizarase ó longo do
curso (a título orientativo, unha vez impartido o tema 4). A proba
obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a
7). Na avaliación das Prácticas a través de TIC, sen perxuizo da nota
obtida no test, o profesor poderá ter tamén en conta a
asistencia regular ás prácticas durante o curso. Para superar a
asignatura na avaliación correspondente á primeira oportunidade é
necesario acadar unha cualificación total mínima de 50 puntos, sendo en
todo caso necesaria a presentación á proba obxectiva. Quen non se
presente á proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'. No
caso de que a cualificación obtida sumando a proba de resposta múltiple e
a proba obxectiva sexa menor que a da proba obxectiva puntuada sobre un
máximo de 70 puntos, reemplazarase aquela cualificación por esta
última.

Na avaliación correspondente á segunda oportunidade farase unha proba
obxectiva similar á da primeira oportunidade. A avaliación farase
seguindo o mesmo procedemento que na primeira oportunidade, é dicir, se a
suma da cualificación da proba de resposta
múltiple (exame parcial) e a proba obxectiva é menor que a da proba
obxectiva
soa puntuada sobre 70 puntos, considerarase a maior das dúas. A
avaliación das Prácticas a través de TIC farase mediante un test
semellante ao da primeira oportunidade, que contribuirá á cualificación
cun máximo de 30 puntos. No caso de que a asistencia regular ás
prácticas durante o curso se tivera en conta na primeira oportunidade,
tamén será tida en conta (e co mesmo criterio) na avaliación da segunda
oportunidade.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia que decida non presentarse ó
exame parcial e/ou non asistir ás prácticas a través de TIC, será
avaliado nas dous oportunidades como o resto de alumnado na mesma
situación.

Non se conservarán os puntos obtidos en cursos anteriores pola asistencia regular ás prácticas.