Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Física 1 | Código | 610G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A19 A20 A22 A23 A24 B3 B4 B5 B6 B7 C3 | A realización destas prácticas é OBRIGATORIA e polo tanto se non se realizan non se pode aprobar a materia. Dado que a asistencia a todas as sesiones das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a non asistencia sen causa xustificada (según o Artigo 12 das "Normas da avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" vigente) implica o non poder superar a asignatura. A realización das mesmas farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro. Puntuarase cun máximo de 1.5 puntos sobre o 10 da nota total. O 1.5 repartirase do seguinte modo: -1 punto corresponderase á avaliación do traballo diario no laboratorio. Para iso cada parella de prácticas deberá entregar un guión cos resultados obtidos, de cada unha das prácticas que realice, que en total serán 5. Cada práctica terá un valor máximo de 0.2. -0.5 puntos se corresponderán ca realización dun exame de prácticas que consisitirá na repetición dunha das prácticas xa feitas. A realización do exame será condición NECESARIA para ser avaliado. Con anterioridade á realización das prácticas darase unha sesión na aula para explicar erros, cálculos, axustes e análise de resultados que posteriormente se aplicarán no laboratorio. A non asistencia a esta clase, sen causa xustificada, supoñerá unha penalización na nota final de prácticas de 0.3 ptos |
15 |
Solución de problemas | A1 A3 A5 A12 A14 A15 A27 B1 B2 B4 C1 | Actividade de avaliación continua voluntaria que se realizará no horario de titorias que consiste en que a todos aqueles alumnos que desexen, mediante unha petición previa,recibirán diversos problemas acerca da materia impartida, cun valor comprendido entre 0.2-0.3 puntos en función do grao de dificultade . Nalgúns casos o profesor poderá pedir a exposición do problema co fin de poder ser avaliado. Isto permite ao profesor coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo, así como a capacidade de exposición, resolución e defensa do alumno. A devandita metodoloxía será valorada ata 1.0 puntos sobre 10. |
10 |
Proba mixta | A1 A3 A5 A12 A14 A15 B2 C1 | A proba mixta, constará de dous parciais, o primeiro deles realizarase antes de finalizalo primeiro cuatrimestre e será fixada a súa data no calendario de coordinación, ao mesmo SÓ PODERÁN ASISTIR AQUELES ALUMNOS QUE TEÑAN UN MÍNIMO DE ASISTENCIA DO 80% NAS CLASES DE DOCENCIA EXPOSITIVA. O outro realizarase coincidindo coa oportunidade de xaneiro. As probas parciais liberan materia e para superalas será necesario conseguir un mínimo de 3 puntos sobre un máximo de 7.5 puntos. Na oportunidade de xaneiro e xullo o alumno poderase examinar das probas parciais pendentes. A nota final será a suma da nota da proba mixta (máx 7.5 pto)+ solución de problemas (máx 1.0 pto) + prácticas de aboratorio (máx 1.5 pto) sendo imprescindible alcanzar unha puntuación de 5 puntos para superar a materia. Na oportunidade de xullo consérvanse as cualificacións de prácticas, problemas voluntarios e participación activa polo que o estudante só se examinará das probas parciais pendentes. |
75 |
Observacións avaliación | |||
-A nota final será sobre 10 e a realización das prácticas así como a proba mixta é indispensable para aprobar a materia. - Na oportunidade de xullo conservaranse as calificacións de prácticas e problemas voluntarios polo que o estudiante só examinarase das probas parciais pendentes. -Se non se acada o mínimo de 3 puntos exixido na proba mixta anque a suma do resto de actividades alcanzase un valor superior a 5 sobre 10, a materia figurará como suspensa cunha calificación de 4.5. -A puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, solución de problemas e participación activa ó longo do curso conservarase para as oportunidades de enero y xullo. A realización das prácticas é OBRIGATORIA e polo tanto se non se realizan non se pode aprobar a materia. -A calificación de NON PRESENTADO se reservara para aqueles alumnos que non se presenten a proba mixta oficial das oportunidades de enero e xullo. - Todos aqueles alumnos que SE MATRICULEN A TEMPO PARCIAL terán a siguiente valoración: a) As prácticas de laboratorio de carácter obligatorio (valor máximo 1.5 punto) b) Solución de problemas de carácter opcional ( valor máximo 1 punto) c) A proba mixta (valor máximo de 7.5 puntos). Para superar la materia a suma de nota de prácticas, boletíns de problemas mais a proba mixta (é necesario alcanzar un mínimo de 3 puntos para que conte no cómputo global) ha de ser de 5 puntos. -Se concederá a calificación de "matricula de honra " prioritariamente ós alumnos que a obtiveron na primeira oportunidade. |