Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 A18 A19 A22 C1 Avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e conecementos adquiridos.
As respostas ás cuestións plantexadas durante a realización da práctica e a obtención e elaboración dos datos experimentais, conxuntamente co informe de prácticas, constituirán o 50% da nota final.
50
Proba mixta A1 A5 A14 A20 A21 B2 B3 C3 Proba escrita para avaliar os contidos traballados na asignatura.
Na primeira oportunidade constitúe o 50% da nota final, mais para superar a materia é necesario obter una cualificación mínima de 3.5 puntos sobre 10 na proba.
Na segunda oportunidade, a cualificación do exame constitúe o 100% da cualificación final.
50
Traballos tutelados A1 A14 A16 A20 B3 B4 B5 C1 C3 Informe das prácticas realizadas que ten que conter os fundamentos teóricos, a análise dos resultados experimentais e a resposta a unha serie de cuestións plantexadas. Informe que debe redactarse seguindo as pautas dun informe científico.
O informe das prácticas conxuntamente coa avaliación continua do traballo no laboratorio constituen o 50% da nota final.
0
 
Observacións avaliación

A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura.

Na primeira oportunidade, a avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas ás cuestións durante a realización e a elaboración dos datos experimentais, xunto co informe de prácticas constituirán o 50% da nota final. Unha prueba escrita constituirá o outro 50%.

A asignatura considerarase aprobada cando a media das notas
obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación alcance un valor mínimo de 5 puntos,
sobre un máximo de 10 puntos. Para poder superar a asignatura na primeira oportunidade é necesario obter unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita. De non
alcanzarse dita puntuación mínima, a asignatura figurará como suspensa (4.5) no caso de que a media resultante sexa igual ou superior a 5 (sobre 10).

A cualificación final do alumno poderá verse modificada ao alza ata un máximo de 1 punto pola avaliación da evolución global da progresión do alumno.

A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio.

Os alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira oportunidade”

En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas.

Na segunda oportunidade, os alumnos que teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar unha proba escrita  que suporá o 100% da cualificación.  Os alumnos que non teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un exame práctico no laboratorio.

A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coas normas da UDC):

Sendo unha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, de tal xeito que tratarase de adaptar os horarios das prácticas de laboratorio, na medida do posible, a dispoñibilidade dos estudantes.

Os criterios de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos que para o resto do estudantado.