|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A1 |
Analizar a evolución do eido financeiro español e internacional, como tamén a operativa dos mercados de divisas e o seu papel na xestión do risco cambiario |
| A3 |
Identificar os retos estratéxicos e tendencias aos que se enfrontan as entidades financeiras |
| A5 |
Utilizar os principais modelos de análise e selección de inversións, tanto nun contexto de certeza como de risco e incerteza |
| A6 |
Estruturar o proceso de selección de investimentos tendo en conta tanto os modelos cuantitativos como a información de tipo cualitativo |
| A9 |
Entender o concepto de intanxibles, a súa localización, a súa importancia, a súa valoración, a súa implicación na función financeira |
| A12 |
Entender o sistema de formación de prezos dos produtos financeiros e a regulamentación básica |
| A18 |
Identificar oportunidades comerciais no sector bancario |
| A20 |
Explotar datos financeiros e de mercado na análise e a avaliación de riscos |
| A21 |
Coñecer os instrumentos financeiros básicos da financiación internacional |
| A26 |
Saber qué son os instrumentos financeiros derivados, como se pode acceder á súa utilización, para qué serven, en qué caso convén utilizar uns ou outros produtos |
| A34 |
Coñecer as implicacións tributarias para as persoas físicas e xurídicas que invisten en produtos financeiros |
| A35 |
Identificar os principais efectos da fiscalidade nas decisións de investimento financeiro |
| B3 |
Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles. |
| B4 |
Habilidades informáticas. |
| B5 |
Habilidades de presentación oral e escrita. |
| B6 |
Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas. |
| B9 |
Capacidade para traballar baixo presión. |
| B14 |
Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento |
| B15 |
Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións |
| B18 |
Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro |
| B19 |
Elaboración de diagnósticos sobre a contorna económica e financeira, para fundamentar a toma de decisións financeiras |
| B23 |
Coñecemento dos principais aspectos que abarca a actividade bancaria |
| B24 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación |
| B25 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
| B26 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
| B27 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
| B28 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo. |
| C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
| C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
| C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |