Sesión maxistral |
As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. A asistencia ás clases, de acordo coa guía da titulación, se considera orligatoria e de fundamental importancia para o correcto seguemento do curso e das actividades propostas polo profesor. A puntuación máxima pola solución de problemas máis as actividades neste apartado de sesión maxistral máis as avaliancións continuas sinaladas no apartado de solucións de problemas, será de 3 puntos. As puntuacións acadadas neste apartado non terán carácter liberatorio de contidos. Todos os contidos someteranse ás probas obxectivas nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada.
|
Proba obxectiva |
Os exames da asignatura se realizarán nas convocatorias oficiais, nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada. Esta proba se puntuará entre 0 e 7 puntos, debendo o alumno obter como mínimo 3,5 puntos para superar dita proba. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta soamente unha. Os erros restarán puntuación. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas, sendo o sistema de avaliación de estes test o mesmo que o dos restantes test. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento do programa e/ou a proposta de problemas, pois consideramos que o desenvolvemento de contidos con linguaxe literario, gráfico e matemático é adecuado no estudo da Macroeconomía. |