Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos B3 B4 B5 B10 C4 O estudo de casos realizarase de dúas maneiras:
1) No curso das clases presenciais.
2) Como actividades semipresenciais que serán propostas aos alumnos sempre acompañadas do material preciso para realizalas así como da fecha límite para a súa entrega.
65
Presentación oral B3 B4 B5 B10 C3 Nalgunhas clases presenciais o profesor plantexará actividades, simulacións e exposicións orais. 30
Seminario B14 B8 C4 C6
Os seminarios poderán realizarse fora do horario das clases presenciais, e a asistencia aos mesmos será valorada positivamente.
5
 
Observacións avaliación
Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación contínua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes:
- 1) A asistencia ás clases presenciais. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais.
- 2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das asignaturas na aula.
- 3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do máster, que serán evaluadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas. 4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Resérvase unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno. Para a superación do módulo os alumnos deben alcanzar a calificación de 5 ou superior.