Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación oral e escrita | Código | 612G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do grao) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. | A8 |
B6 B13 B2 |
C1 |
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polos/polas docentes e a asistencia ás sesións expositivas cunha actitude aberta, participativa e crítica, ser capaz de emitir no obradoiro argumentacións madurecidas, respectando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. | A8 A12 |
B4 |
C1 |
O estudantado deberá realizar con solvencia argumentativa, calidade de lingua e rigor expositivo as presentacións orais marcadas e deberá igualmente emitir un xuízo construtivo e respetuoso sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas, as técnicas argumentativas, a corrección oral e a adecuación ao contexto comunicativo, a clareza na expresión, a empatía e a linguaxe corporal. | A12 |
B2 B4 |
C1 |
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise e produción de textos argumentativos e na definición de estratexias comunicativas acaídas ao contexto xurídico. | A11 |
B6 B10 B12 |