Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario B2 B3 B7 B10 Participación activa e crítica. 30
Prácticas a través de TIC A9 A10 B2 B3 B4 B7 B10 Participación nas actividades propostas na plataforma virtual. 10
Traballos tutelados A10 B2 B4 B9 Cada estudiante elaborará dous pequenos traballos de investigación (de tipo teórico-práctico) e os exporá oralmente. 60
 
Observacións avaliación

Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria,
salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen teña
concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da
universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de
xullo.

Quen non leve a
cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao
50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación de Non
Presentado.
























Quen
non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de
xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.