Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A14 A7 A9 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C5 C8 C9
Realizaranse diversos obradoiros na aula e valorarase o traballo e a participación dos estudantes; a tal fin, os materiais elaborados nalgúns deles poderán ser obxecto de avaliación. Nalgún caso, o estudiante terá que ler previamente na casa algún texto ou elaborar algún traballo ou exercicio despois do obradoiro (tempo contemplado nas horas non presenciais).
25
Eventos científicos e/ou divulgativos A5 A8 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C9 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo e a outro científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lle ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Como evento científico, en principio, asistirán a unha conferencia, sobre algún tema ou asunto relacionado coa materia, das planificadaas para o curso 2016-2017; igualmente deberán presentar un resumo da expoción no que demuestren non só que asistiron a ela senon que foron quen de seguila de maneira comprensiva.


50
Proba mixta A7 A8 A9 B5 B10 C1 C3 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta.
25
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e
entregados na data que se estableza, en soporte de papel e
seguindo as
normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima de 4 sobre 10 en
cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; o estudiante
recibirá a calificación "No Presentado" cando non se presente á
proba mixta. Na segunda oportunidade (xullo),
aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o
alumno dará conta, nese mesmo momento, das demais actividades e
exercicios, se os tiver pendentes.

Dase por suposta a
asistencia ás aulas;
aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún
alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou
científico previstos, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da evaluación.

A expresión do
estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a
cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como
referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel, e seguindo as pautas e as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen cubrir todos os ámbitos da avaliación. Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega dos diferentes
traballos do alumno que se someterán a avaliación será o mesmo día que a
fixada oficialmente para o exame. O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.