Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e Arte | Código | 613584108 | |||||||||||
Titulación |

Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||

Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 | Asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural. Dará lugar a un informe oral por parte do estudante que será debatido na aula, sempre en relación cos contidos da asignatura. | 10 |
Seminario | A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C6 C8 C9 | Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. |
30 |
Proba oral | A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 | Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. | 50 |
Sesión maxistral | A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 | Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. | 10 |
Observacións avaliación | |||

Por
esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das actividades realizadas no curso.

2. O 40% obterase pola realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso.

3. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha avaliación semellante, mediante unha proba oral que reflicta as actividades desenvolvidas no curso, xunto ao control de asistencia e de participación.

5. É ineludible a realización da proba oral para obter cualificación, tamén no caso de xullo. En canto ás actividades, a súa avaliación positiva será gardada para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade, en xullo. Como se deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder computar as actividades prácticas.

6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.

7. O alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.