Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e Medios de Comunicación | Código | 613584109 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | O alumnado realizará dous traballos tulelados breves. O primeiro, individual, consistirá nunha investigación orixinal, rigorosa e de extensión limitada, ben das tensións que teñen lugar nos "media" entre o centro e as periferias do sistema literario, ben dos novos modelos repertoriais que se someten a sanción desde os medios de comunicación alternativos. O segundo, realizado en pequenos grupos, consistirá na selección e comentario de exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet. O primeiro traballo incorporarase a un espazo de traballo colaborativo on-line onde poderá ser retro-alimentado polos compañeiros. O segundo exporase oralmente en sesión presencial. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -no espazo de traballo colaborativo-, como a de incorporación a ese espazo virtual da versión definitiva. Tamén se combinará co alumnado as sesións presenciais destinadas á presentación oral do traballo grupal. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia. |
Discusión dirixida | As sesións consistirán principalmente na realización de discusións dirixidas polo profesor en que o alumnado deberá participar activamente. Previamente, as/os estudantes deberán preparar as discusións coa lectura dos artigos especializados indicados. Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña. |
Presentación oral | Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos grupais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos outros grupos. |
Lecturas | Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas previas ás sesións, así como as necesarias para a elaboración dos traballos. |