Actividades iniciais |
Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
No proxecto de investigación amósanse as habilidades logradas no obradoiro e as outras metodoloxías utilizadas e ponse de manifesto a autonomía fronte a aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe. |