Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A12 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 A14 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Dentro das liñas de investigación que se oferten, o alumno poderá escoller aquela que máis lle interese, o cal o ligará tamén a un determinado titor.
Xa que o estudante se esta a iniciar na investigación é fundamental o labor titorial do profesor, quen deberá orientar o alumno nas distitnas fases de elaboración do traballo fin de mestrado, desde o plantexamento do proxecto inicial ata a súa conformación final, proporcionándolle a axuda que precisar en cada momento.
100
 
Observacións avaliación

O traballo fin de mestrado só pode ser presentado públicamente se o estudante supera todas as materias do mestrado. Presentarase, nun acto público, diante dun tribunal que estará composto por tres membros.

O estudante ha de axustarse as pautas que se estabelezan para a presentación do traballo fin de mestrado, tanto no que toca á presentación escrita (estructura, extensión, formato...) como a súa defensa pública; detallaranse estas indicacións coa suficiente antelación.